• Conxunto de datos RDF. Abre unha nova xanela

Observacións de calidade de aire horarias

Descrición

Este conxunto de datos contén as medias de todas as observacións xeradas pola rede de procesos medioambientais de observación de calidade do aire da cidade de Santiago de Compostela, instalada polo proxecto TRAFAIR, financiado pola Innovation and Networks Executive Agency (INEA) da Comisión Europea (CE), a través do seu programa Connecting Europe Facility (CEF). Cada rexistro contén unha referencia ao identificador da entidade observada (feature), e dicir, a localización onde se realizaron as observacións, o instante de tempo correspondente coa hora, as medias dos valores de concentración para cada contaminante medidos en microgramos por metro cúbico (ug/m3) durante a hora e unha medida da cobertura que representa a porcentaxe de datos dispoñibles para calcular a media, respecto ao total esperado durante a hora completa. Os seguintes contaminantes son observados: monóxido de carbono (CO), monóxido de nitróxeno (NO), dióxido de nitróxeno (NO2) e ozono (O3).

Recursos

Información adicional

Idiomas
  • Español
  • Galego
  • Inglés