Formatos dos ficheiros

O portal de datos abertos do Concello de Santiago de Compoostela publica os datos en distintos formatos. Preferiblemente úsanse formatos abertos que cumpren cos estándares internacionais, aínda que tamén se publica información nalgún formato privativo que sexa considerado un estándar de facto pola maior parte da cidadanía:

  • CSV: (Comma-separated values). Valores separados por coma. Os ficheiros CSV son un tipo de documento en formato aberto sinxelo para representar datos en formato de táboa. As columnas sepáranse por comas (ou punto e coma) e as filas por saltos de liña.
  • ODS: (OpenDocument SpreadSheet). É un formato de ficheiro aberto e estándar según a norma ISO/IEC 26300/2006, para a representación de follas de cálculo, e que forma parte do Formato de Documento Aberto para Aplicacións Ofimáticas de OASIS. Soe utilizarse coas suites ofimáticas LibreOffice e OpenOffice.
  • XLS: (Microsoft Office Excel) É un formato privativo de Microsoft que amosa a información en celas organizadas en filas e columnas, e cada cela contén datos ou fórmulas, con referencias relativas ou absolutas a outras celas.
  • XML: (Extensible Markup Language). Este formato ten unha importante función no proceso de intercambio, estructuración e envío de datos na Rede. Describe os datos de tal xeito que é posible estructurarlos utilizando para elo etiquetas que non están predefinidas. Deste xeito os datos están delimitados, o que favorece a interoperabilidade dos mesmos.
  • TXT: Documento de texto plano. Pode utilizar diferentes codificacións de caracteres.
  • RDF: (Resource Description Framework) RDF non é un formato concreto senón unha infraestrutura para a descrición dos recursos da rede mediante expresións da forma suxeito-predicado-obxecto. O suxeito é o recurso que se describe, o predicado é a propiedade sobre a que se quere estabelecer o recurso e o obxecto é o valor da propiedade co que se estabelece a relación. A combinación de RDF con outras ferramentas permite engadir significado ás páginas web e é unha das tecnoloxías esenciais para a web semántica. Existen varios formatos de representación:  XML, para procesamento automático; N3, para representación en texto plano de forma máis lexible para humanos; Turtle, como simplificación do anterior.
  • RSS: (Really Simple Syndication) É un formato XML para a distribución de contidos de páxinas web. Facilita xa publicación de información actualizada aos usuarios suscritos á fonte RSS sen necesidade de usar un navegador, utilizando un software especializado neste formato.
  • SHP: (Shapefile) É un formato privativo estándar de datos espaciais, desenvolvido pola compañía ESRI, que almacena tanto a xeometría como a información alfanumérica. Este formato non está preparado para almacenar información topolóxica. Actualmente converteuse en formato estándar de facto para o intercambio de información xeográfica entre Sistemas de Información Xeográfica pola importancia que os produtos ESRI teñen no mercado SIG e por estar moi ben documentado.
  • KML: (Keyhole Markup Language) É unha linguaxe de marcado basado en XML para representar datos xeográficos en tres dimensións.
  • DCAT: O Dataset Catalog é un formato RDF que describe de xeito estándar os catálogos de datos para que sexan interoperabéis.
  • WMS y WFS: Son servizos definidos polo OGC para, de xeito dinámico e a partir de información xeográfica, producir mapas de datos referenciados espacialmente.
  • GPX: o GPS (eXchange Format) (Formato de Intercambio GPS) é un esquema XML pensado para representar información para navegadores. Pode usarse para describir puntos (waypoints), percorridos (tracks), e rutas (routes).
  • GeoRSS: é un conxunto de estándares para representar información xeográfica mediante o uso de capas e está construido dentro da familia de estándares RSS. O contido consiste en puntos de interés xeorreferenciados e outras anotacións, en xeral as fontes diseñanse para xerar mapas.
  • KMZ: formato de comprensión de ficheiros KML.
  • GEO: é un microformato utilizado para o marcado de coordenadas xeográficas en HTML. O uso de Geo permite ás ferramentas que utilicen analizadores sintácticos (por exemplo outros sitios web, ou a extensión Operator de Firefox), extraer as ubicacións e amosalas usando algún outro sitio web ou ferramenta de mapeo, ou cargalas nun dispositivo GPS, indexalas, acumulalas, ou convertilas nun formato alternativo.
  • ZIP: é un formato de compresión sen pérdida, moi utilizado para a compresión de documentos, imaxes ou programas.
  • JSON, acrónimo de JavaScript Object Notation, é un formato de texto lixeiro para o intercambio de datos. JSON é un subconxunto da notación literal de obxectos de JavaScript aínda que hoxe, debido á súa ampla adopción como alternativa a XML, considérase un formato de linguaxe independente.

Fonte: Wikipedia e outros