• Conxunto de datos RDF. Abre unha nova xanela

Observacións de calidade de aire en tempo real

Descrición

Este conxunto de datos contén observacións en tempo real xeradas pola rede de procesos medioambientais de observación de calidade de aire da cidade de Santiago de Compostela, instalada polo proxecto TRAFAIR, financiado pola Innovation and Networks Executive Agency (INEA) da Comisión Europea (CE), a través do seu programa Connecting Europe Facility (CEF). O conxunto de datos contén un rexistro por cada entidade (feature) de observación de calidade de aire, e dicir, por cada localización onde se observa a calidade de aire. Cada un de ditos rexistros inclúe metadatos sobre a propia entidade observada, valores observados e instantes de tempo respectivos, e referencias aos procesos utilizados para xerar os valores observados (metadatos de procedencia). Os metadatos das entidades observadas consisten en identificadores, descricións textuais e a súa localización xeográfica. Inclúense dous instantes de tempo en cada rexistro, o tempo de fenómeno (phenomenon time) cando os valores se aplican a entidade observada e o tempo de resultado (result time) cando os valores foron xerados (e dicir, cando o modelo de calibración foi aplicado aos datos brutos do sensor). Para cada contaminante, o rexistro conten o valor da concentración medido en microgramos por metro cúbico (ug/m3) e unha referencia ao proceso utilizado para xerar o valor (metadatos de procedencia). Os seguintes contaminantes son observados: monóxido de carbono (CO), monóxido de nitróxeno (NO), dióxido de nitróxeno (NO2) e ozono (O3). Inclúese unha medida da cobertura que representa a porcentaxe de datos dispoñibles aplicar o modelo de calibración, respecto ao total esperado durante o período de 10 minutos. O conxunto de datos actualízase cada 10 minutos.

Recursos

Información adicional

Idiomas
  • Español
  • Galego
  • Inglés