• Conxunto de datos RDF. Abre unha nova xanela

Histórico de observacións de calidade de aire

Descrición

Esta colección de conxuntos de datos contén todas as observacións xeradas pola rede de procesos medioambientais de observación de calidade do aire da cidade de Santiago de Compostela, instalada polo proxecto TRAFAIR, financiado pola Innovation and Networks Executive Agency (INEA) da Comisión Europea (CE), a través do seu programa Connecting Europe Facility (CEF). Cada conxunto de datos contén as observacións xeradas durante un ano concreto. Cada rexistro contén unha referencia ao identificador da entidade observada (feature), e dicir, a localización onde se realizou a observación, o instante de tempo cando a observación se aplica a entidade observada (phenomenon time), o instante de tempo cando se xerou a observación (result time), e dicir, cando o modelo de calibración se aplicou sobre os datos crús dos sensores, os valores de concentración para cada contaminante medidos en microgramos por metro cúbico (ug/m3) e unha referencia ao proceso utilizado para xerar cada concentración (metadatos de procedencia). Os seguintes contaminantes son observados: monóxido de carbono (CO), monóxido de nitróxeno (NO), dióxido de nitróxeno (NO2) e ozono (O3). Inclúese unha medida da cobertura que representa a porcentaxe de datos crús dispoñibles para aplicar o modelo de calibración, respecto ao total esperado durante o período de 10 minutos.

Recursos

Información adicional

Idiomas
  • Español
  • Galego
  • Inglés