• Conxunto de datos RDF. Abre unha nova xanela

Observacións horarias de calidade de aire en tempo real

Descrición

Este conxunto de datos contén a media das observacións xeradas pola rede de procesos medioambientais de observación de calidade de aire da cidade de Santiago de Compostela durante a última hora. Esta rede foi instalada polo proxecto TRAFAIR, financiado pola Innovation and Networks Executive Agency (INEA) da Comisión Europea (CE), a través do seu programa Connecting Europe Facility (CEF). O conxunto de datos contén un rexistro por cada entidade (feature) de observación de calidade de aire, e dicir, por cada localización onde se observa a calidade de aire. Cada un de ditos rexistros inclúe metadatos sobre a propia entidade observada, a media dos valores observados e o instante de tempo correspondente. Os metadatos das entidades observadas consisten en identificadores, descricións textuais e a súa localización xeográfica. Para cada contaminante, o rexistro conten a media durante a última hora do valor da concentración medido en microgramos por metro cúbico (ug/m3). Os seguintes contaminantes son observados: monóxido de carbono (CO), monóxido de nitróxeno (NO), dióxido de nitróxeno (NO2) e ozono (O3). Inclúese unha medida da cobertura que representa a porcentaxe de datos dispoñibles para calcular a media, respecto ao total esperado durante a hora completa.. O conxunto de datos actualízase cada 10 minutos.

Recursos

Información adicional

Idiomas
  • Español
  • Galego
  • Inglés