Preguntas Frecuentes

Neste apartado están publicadas aquelas consultas máis frecuentes sobre os conceptos básicos, e manexo, do portal de datos abertos.

Ofŕecese información sobre algunhas das consultas máis frecuentes presentes no portal de datos abertos?

A reutilización da información do sector público consiste no uso por parte de persoas físicas, ou xurídicas, de información xerada por organismos do sector público, con fins comerciais, ou non. A reutilización supón, de forma ilustrativa, actividades como a copia, difusión, modificación, adaptación, extracción, reordenación e combinación da información.

Que son os datos abertos?

Son aqueles datos que calquera é libre de utilizar, reutilizar e redistribuír, co único límite, no seu caso, do requisito de atribución da súa fonte ou recoñecemento da autoría.

Para que reutilizar os datos públicos?

A reutilización da información do sector público facilita o desenvolvemento de novos produtos, servizos e solucións de alto valor socioeconómico.

Igualmente, permite reverter na sociedade o coñecemento, e os beneficios directos derivados da actividade das administracións públicas en condicións de transparencia.

A reutilización axuda, deste xeito a mellorar a fiabilidade e seguridade dos datos que son xestionados pola administración, e contribúe a un deseño e máis próximo dos servizos públicos.

Que recursos ofrece o catálogo?

Actualmente, o portal de datos abertos do Concello de Santiago de Compostela dá acceso a través do catálogo a diferentes servizos e conxuntos de datos do Concello. Desde os que se ofrece toda unha ampla gama de informacións (censos, directorios, imaxes...) de áreas de xestión ou categorías diferentes.

Dada a variedade de fontes, tipos de recursos, formato e organismos editores, os datos poden estar en niveis distintos de desenvolvemento dentro da escala de clasificación do World Wide Web Consortium (W3).

Que é un conxunto de datos?

Como o seu nome indica, é unha serie de datos relacionados entre si, e agrupados dentro dun mesmo sistema de información para a súa potencial reutilización. Estes «datasets» (na súa denominación anglosaxoa) están almacenados en diferentes servidores dos distintos organismos editores aos que dá acceso o portal de datos abertos do Concello de Santiago de Compostela.

Para que serve unha aplicación?

As aplicacións reutilizan os datos públicos para permitir a súa consulta, visualización e comprensión a través dunha páxina web, ou dun dispositivo móbil.

As aplicacións, xa sexan institucionais ou privadas, libres ou privativas, automatizan e contextualizan a información. Deste xeito, transforman os recursos liberados polas administracións en produtos e servizos de alto valor social e/ou económico.

Que tipo de aplicacións existen?

Hai tantas clases de aplicacións sobre datos abertos do sector público como tipos de información e potenciais usuarios poidan describirse.

En todo caso, os produtos e servizos máis populares son os derivados da reutilización de información do ámbito empresarial-económico; xeográfico-cartográfico; xurídico-legal; de transportes; sociodemográfico-estatístico; e meteorolóxico, entre outros.